Asociación Cultural Remadoira

Carocheando 2015

Outro paseo que fixemos este verán co noso carocho Taiña.

Nesta saida utilizamos unha vara para usala coma unha especie de pau selfie, e facer unha tomas moi fermosas do noso barco.

Saida as Illas Cies 2015

O pasado dia 25 de Xullo, compañeiros de Remadoira fixeron unha saida co carocho Taiña ata as fermosas Illas Cies. A navegada foi moi bonita, cun vento moi forte do noroeste, e comprobando o ben que navega o noso carocho coa sua vela de relinga.

Celia

Temos un novo membro na flota de Remadoira. A Celia, unha gamela coruxeira de 4,5 metros. Non está en bo estado, polo que terémoslle que dar uns agarimos, arranxar algúnha taboa, corredores, bancadas…

Vai quedar coma nova.

Susiño

O pasado sábado comezamos a traballar na nosa última xoia, o Susiño. Un bote de popa aberta da Ria de Vigo botado o mar no ano 1936.

Este bote ten o valor engadido de que a súa construcción fíxose a partires doutro bote máis vello, polo que  o noso Susiño ten unha fasquía de mediados ou finais do século XIX.

O primeiro traballo consistiu en facerlle un berce. Despois de 74 anos, a súa madeira non aguantaba máis e cómprelle ter un soporte para previr que o bote descrávese en canto comecemos a restauralo, co risco de deformarse e perderen a súa fasquía.