Benvida
Dende a Asociación REMADOIRA, dámosvos a máis cordial benvida a nosa páxina web, na que incluimos información sobor das actividades da nosa asociación.
Esta páxina quere ser tamén testemuño do traballo realizado por este grupo de amantes do mar e a nosa tradición, a partires das suás orixes ata a actualidade.
Pero o obxectivo desta canle de comunicación non se circunscribe a unha viaxe histórica ou a unha instantanea da situación da asociación na actualidade. Esta web quere plasmar os valores que sustentan REMADOIRA, o compromiso co patrimonio cultural mariñeiro, a divulgación da cultura mariñeira de antano, a omenaxe a todos os que, desinteresadamente, ocupan o seu tempo e esforzo en manter vivas as tradicionais formas de navegación e a vontade de servizo teñen unha presenza salientada nesta web, o igual que as nosas decisions.
Eiquí toparedes un blogue, donde daremos novas concretas da nosa Asociación, e unhas páxinas estáticas donde daremos información sobor das nosas embarcacións, proxectos e mais contidos que iremos engadindo os poucos. Tamen veredes algunhas diferenzas nas galerias de fotográficas, con algunhas embarcacións con poucas imaxes por mor de ser os nosos primeiros proxectos. A experiencia obtida co paso do tempo, fixonos mellorar tamen o noso traballo documental.
Esta web está o voso dispor. Esperamos que permitavos acceder, de xeito rápido e eficiente, a información que precisedes. Non dubides en te poñer en contacto connosco para ampliar calqueira dato ou expresarnos as vosas opinions.
So restanos desexarvos unha feliz navegación.
Un saudo.