Asociación Cultural Remadoira

Navegando con Cogami 2017

Neste ano, coa compaña da Agrupación Náutica San Gregorio, voltamos a colaborar cos nosos amigos de COGAMI. Estes rapaces con discapacidade veñen connosco a dar un pequeno paseo a vela pola nosa ría e así achegarse e coñecer de preto a navegación en embarcacións tradicionais. Todo un gozo tanto para eles coma para nos.

Nas actividades deste ano programáronse 5 saidas, os dias 14, 21, 28 de Xullo, 4 e 11 de Agosto.

Botadura da Celia II

O pasado sábado dia 20, organizamos a botadura da nosa gamela coruxeira Celia. Depois de algo máis de 1 ano de traballos a embarcación quedou completamente restaurada.

Noso agradecemento a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Escola Obradoiro A Aixola, de Marín, pola sua colabouración na fabricacíon da vela, e parabens a todolos membros de Remadoira por facer que este barquiño surque de novo as augas do noso mar.

Botadura da Celia I

O vindeiro sábado dia 20, vai ter lugar no pantalán da Agrupación Náutica San Gregorio, de Vigo, a botadura da nosa gamela coruxeira Celia. Depois de case dous anos de traballos a gameliña quedou impecable.

Todos aqueles que teñan interese pola nosa cultura mariñeira están convidados ao evento.

Nova Vela

O pasado día 28 de marzo, o Centro de Formación A Aixola fíxonos entrega dunha vela tradicional para a nosa gamela “Celia”, embarcación na que estamos a restaurar e que en poucas semanas xa estará lista para navegar.

Queremos dar o noso agradecemento a Dª Susana Rodriguez Carballo (Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro) e a D. Lino Lema Bouzas (Xefe de Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro) da Conselleria do Mar da Xunta de Galicia, polas xestións realizadas neste proxecto.

Por suposto, tamén damos o noso agradecemento a Enrique e o resto da tripulación de A Aixola polo bo traballo feito nesta vela.