Tempada 2023
Este ano, polo de agora, baixamos ao mar 8 embarcacións; entre elas a dorna PUÑETERA, que volveu ao mar despois de estaren moitos anos gardada.
Agardamos gozar destes barquiños todo o verán.
Saude pra tod@s.
Este ano, polo de agora, baixamos ao mar 8 embarcacións; entre elas a dorna PUÑETERA, que volveu ao mar despois de estaren moitos anos gardada.
Agardamos gozar destes barquiños todo o verán.
Saude pra tod@s.
O pasado sábado dia 30 de xullo, realizamos unha travesía dende Vigo ata Bueu para acudir ao XXIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu. Gozamos dunha fermosa navegación, tanto a ida como a volta. Neste encontro houbo unha homenaxe a D. Víctor Domínguez Antas, presidente da Asociación Os Galos, falecido no 2020 por mor da pandemía.
No video que publicamos do evento facémoslle unha pequena homenaxe en lembranza deste compañeiro.
Agardamos que vos guste.
Despois de dous anos sen actividades por mor da Covid, voltamos este ano a colaborar cos nosos amigos de COGAMI. Fixemos a primeira saida o pasado venres día 15 e contamos facer dous ou tres paseos máis. Coma sempre contamos coa axuda da Agrupación Náutica San Gregorio, que sempre colaboran connosco. Agardamos ter unhas fermosas tardes para gozar tod@s.
Despois de 2 anos adiados por mor da Covid, o vindeiro sábado día 11 de Xuño, vaise celebrar nas instalacións da Agrupación Naútica San Gregorio, o 5º concurso de pesca infantil “sen morte”. Neste evento poderán participar nenos e nenas de ata 16 anos de idade.
Os rapaces que estean animados a participar deberán traer unha cana de pescar. Asemade, é obrigatorio que estean acompañados por un adulto durante todo o concurso. A proba dará comezo as 10:00 para rematar as 13:00 do mediodía. Despois procederáse a entrega de premios e accesits para os participantes.
Este concurso está organizado pola Asociación de Pesca Deportiva Rias Baixas, Agrupación Nautica San Gregorio e Remadoira.
Todolos rapaces que queiran participar deberanse inscribir no Kiosko El Bicho, xunto a Igrexa de Bouzas. A inscripción é de balde.
Animádevos e vinde a gozar dunha divertida mañá.