Asociación Cultural Remadoira

XV Xuntanza de Embarcacions Tradicionais de Moaña

Remadoira acudiu este ano ao 15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Moaña (Pontevedra), que tódolos anos organiza a Asociación Sueste., acontecido os dias 11 e 12 deste mes.

Remadoira acudiu o encontro con tres embarcacions. Unha fermosa xornada con moitísimas embarcacions lucindo a nosa ría.

Cogami 2018

Outro ano màis, coa compaña da Agrupación Náutica San Gregorio, voltamos a colaborar cos nosos amigos de COGAMI. Uns poucos rapaces con discapacidade desta federación veñen connosco a dar un paseiño a vela pola nosa ría e así coñecer de preto un pouco da navegación en embarcacións tradicionais. Todo un gozo tanto para eles coma para nos.

3º Concurso de pesca Infantil

Este pasado sábado dia 7, tivo lugar no pantalán da Agrupación Náutica San Gregorio o “III Concurso de pesca infantil con boia” desenvolto pola Agrupación Náutica de San Gregorio, a Asociación de Pesca Deportiva Rías Baixas e a Asociación de Embarcacións Tradicionais Remadoira.

A xornada foi un éxito de asistencia, nun concurso que cada ano gaña mais adeptos. Este ano case coarenta rapaces e rapazas gozaron dunha fermosa xornada de pesca.

A gran asistencia foi axudada por un fermoso día, que permitiu que @s participantes poideran gozar dunha xornada de pesca en contacto coa natureza, reflexionando, observando e interpretando o medio mentras socializan e desenvolven virtudes coma a paciencia e a constancia.

É un concurso de pesca sen morte, onde o impácto na naureza é mínimo xa que as capturas se voltan a auga despois de pesalas, causándolles a minor molestia posibel.

@s nen@s estiveron acompañados dun adulto, o que foi unha magnífica oportunidade de convivencia, encontro e creación de recordos dunha xornada de pesca xuntos.

Ademais de cinco premios e accesit a peza maior en ambaslas duas categorías (benxamíns e infantís) tódol@s participantes recibiron medallas e un “premio a paciencia” pola súa entrega e constancia na práctica da pesca. Tras participar nun sorteo, despedímosnos ata o vindeiro ano, data que tanto nen@s coma adult@s voltemos a coincidir nun concurso tan entrañabel.

3º Concurso de pesca Infantil

O vindeiro sábado día 7 de Xullo, vaise celebrar nas instalacións da Agrupación Naútica San Gregorio, o 3º concurso de pesca infantil “sen morte”. Neste evento poderán participar nenos e nenas de ata 16 anos de idade.

Os rapaces que estean animados a participar deberán traer unha cana de pescar. Asemade, é obrigatorio que estean acompañados por un adulto durante todo o concurso. A proba dará comezo as 10:00 para rematar as 13:00 do meiodía. Despois procederáse a entrega de premios e accesits para os participantes.

Este concurso está organizado pola Asociación de Pesca Deportiva Rias Baixas, Agrupación Nautica San Gregorio e Remadoira.

Todolos rapaces que queiran participar deberanse inscribir no Kiosko El Bicho, xunto a Igrexa de Bouzas. A inscripción é de balde.

Animádevos e vinde a gozar dunha divertida mañá.

XIV Xuntanza de Embarcacions Tradicionais de Moaña

Remadoira acudiu este ano ao 14º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Moaña (Pontevedra), que tódolos anos organiza a Asociación Sueste., acontecido os dias 12 e 13 deste mes.

Mais de 30 embarcacións démonos cita neste encontro. Pola nosa parte, Remadoira acudíu ao encontro con 8 embarcacións, todas as que neste ano están navegando da nosa extensa flota.