Asociación Cultural Remadoira

Festival Náutico de Vigo 2013

Esta pasada fin de semana, tivo lugar nas instalacións de Marina Davila en Vigo, a 1ª edición do Festival Nautico de Vigo,  organizado por varias empresas do sector.

Remadoira estivo presente neste evento, en misión divúlgativa, con duas embarcacións, o carocho e a gamela de Cabo de Cruz. Moitos asistentes que se achegaron o noso stand, entregáronselles dípticos explicativos da actividades desenvoltas en prol da cultura mariñeira galega, asemade de poder gozar da beleza destes dous barcos.

Tarefas

Para amosar as actividades que facemos na asociación, Remadoira abre un novo apartado na web, donde vanse expor tódolos traballos ou tarefas que se fan durante o ano para a construción, mantemento ou conservación da nosa flota. Agardamos, deste xeito, darlles a coñecer máis información de como é a nosa asociación.

Festa do Marisco 2011

Os vindeiros días 8 ao 11 de setembro, terá lugar en Vigo, no porto pesqueiro do Berbes, a Festa do Marisco VIGOMAR 2011.

Remadoira, igual que no pasado ano, vai colaborar nesta festa cos seus barcos. Está previsto expor  barcos en terra, e  outros estarán amarrados nun pantalán dentro do peirao do Berbés. Estes barcos farán saídas e os visitantes á festa poderán mirar a súa navegación dende o dique do porto. Tamén están programados obradoiros de nos e debuxo.

Desexamos a tódolos visitantes que gocen desta boísima festa gastronómica.

Encontro Combarro 2011

Remadoira participou no encontro de embarcacións tradicionais da pasada fin de semana, que todolos anos organiza o C.M. A Reiboa, durante as Festas do Mar da fermosa vila de Combarro. A nosa dorna de tope Belida, fixo unha fermosa travesía dende Vigo arribando a Combarro o Sábado pola mañan para voltar o Domingo. Durante a viaxe de volta, 3 cruceiros da Agrupacíon Naútica San Gregorio sairon o encontro da Belida na entrada mesma da Ria de Vigo, facendo, entre todos, unha divertida navegación ata o pantalán.