Asociación Cultural Remadoira

Subida ao Rio Verdugo 2019

Coma outros anos, algúns compañeiros fixeron unha travesía dende Vigo ata o río Verdugo. Tres dos nosos barcos, Taiña, Chanquete e Trebello, pasaron baixo as pontes de Arcade e Pontesampaio e navegaron río arriba. Axudados pola marea, chegaron ata praia fluvial de Comboa, en Soutomaior. Unha lixeira e fermosa viaxe, axudado por un forte vento do sur e por unha pousada e gozosa subida por este verde e vizoso río.

Cogami 2019

Outro ano máis, coa compaña da Agrupación Náutica San Gregorio, voltamos a colaborar cos nosos amigos de COGAMI. Este ano fixemos 3 saidas con uns poucos rapac@s con discapacidade desta federación. Un paseiño que lles senta moi ben e coñecen de preto un pouco da navegación en embarcacións tradicionais. Todo un gozo tanto para eles coma para nos.

Botadura da Uxía (II)

O pasado sábado día 18 realizouse o lanzamento da nai dorma Uxia, despois de cinco anos de traballo. O evento celebrouse no peirao do Grupo Náutico San Gregorio, en Vigo, con quen compartimos este evento.

Nesta fermosa cerimonia contamos coa asistencia do concelleiro de Cultura da Cidade de Vigo, o Sr. don Cayetano Rodríguez Escudero, que honrounos coa súa presenza.

Botadura da Uxia (I)

O vindeiro sábado dia 18, vai ter lugar no pantalán da Agrupación Náutica San Gregorio, de Vigo, a botadura da nosa dorna nai UXIA. Despois de cinco anos de traballos a dorna quedou do trinque.

Todos aqueles que teñan interese pola nosa cultura mariñeira están convidados ao evento.

XV Xuntanza de Embarcacions Tradicionais de Moaña

Remadoira acudiu este ano ao 15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Moaña (Pontevedra), que tódolos anos organiza a Asociación Sueste., acontecido os dias 11 e 12 deste mes.

Remadoira acudiu o encontro con tres embarcacions. Unha fermosa xornada con moitísimas embarcacions lucindo a nosa ría.

Cogami 2018

Outro ano màis, coa compaña da Agrupación Náutica San Gregorio, voltamos a colaborar cos nosos amigos de COGAMI. Uns poucos rapaces con discapacidade desta federación veñen connosco a dar un paseiño a vela pola nosa ría e así coñecer de preto un pouco da navegación en embarcacións tradicionais. Todo un gozo tanto para eles coma para nos.