Cogami 2024
Outro ano máis voltamos a navegar cos nosos amigos de COGAMI. Esta tempada compre dicir que foi moi especial:
Primeiro: porque cúmprense 10 anos que comenzamos esta actividade. Dez anos que levamos achegando a mar a estes rapac@s, facendo que gocen dunhas tardes inesquecibles.
Segundo: porque fixemos a estrea dun guindastre para persoas de mobilidade reducida, para facilitarlles o acceso as embarcacións, se fora preciso. Este guindastre forma parte do pantalán da Agrupación Náutica San Gregorio, que sempre están connosco nesta e noutras das nosas actividades.
Compre dicir que esta agrupación ten o 1º pantalán de Galicia para persoas de mobilidade reducida. Rematado no ano 2002 foi proxectado para poder desplazar cadeiras de rodas ou semellantes por toda a instalación; dispón de plataformas e fingers con ancho dabondo, permitindo achegarse con comodidade ata unha das bandas de calquera barco da agrupación. Amáis, a pontella de entrada foi deseñada para un doado acceso independentemente do estado das mareas. Este guindastre ven a ser un plus as instalacións que fan a este pantalán distinto a outros.
Agardamos ao vindeiro ano para gozar tod@s unhas tardes tan fermosas.